lunes, 12 de noviembre de 2012

Tsegaye Mekonnen e Marta Tigabea arrasan en Negreira

O etíope Mekonnen e a súa compatriota Tigabea, gañaron con claridade a 33ª edición da Carreira Popular de Negreira, nunha mañán marcada pola choiva e o frio.

De inicio presentábase unha carreira cun alto nivel de atletas e cunha alta participación, que dende principio a fin foi dominada polos atletas africanos tanto en homes como en mulleres.
Completaron o podium en homes o keniata Cybrian Kotut, o eritreo Merhawi Tadese, o keniata Hillary Kipkogei, o portugués Marco Morgado, o keniata Yuda Robinson e o keniata Bernard Kitur.

En mulleres a keniata Correti Jepkoech, a keniata Mary Wacera, a keniata Leah Jerotich, a portuguesa Clarisse Cruz, a keniata Sarah Kerubo e a Etíope Rehina Jewar acompañaron no podium a Marta Tigabea.

O primerio clasificado dun clube galego foi o atleta do C. Alejandro Gómez Hassan Leikhili, que acadou un meritorio 9 posto da xeral. En canto os mellores galegos os triunfos foron para Luis Calvo e Mª Jesús Gestido.

Un total de 522 valientes completaron unha carreira, que se fixo aínda máis dura coa forte choiva e o frio que acompañou a proba durante o inicio da mesma. Desexamos que se cumpliran os obxectivos de todos os participantes e que puideran completar esta 33ª edición con boas sensacións.

Nas categorías escolares, na 2ª carreira INFANTIL-CADETE-XUVENIL, unha das máis firmes promesas do atletismo galego Tariku Novales do clube Atletismo Noia gañaba esta proba en homes e en mulleres Iria Rodriguez chegaba a meta en primeira posición.

Completaron o podium Nicolas Villanueva e Anxo Lema do clube Olimpico de Vedra.
En féminas Claudia Blanco e Lucía Suárez do USC acadaron os outros dous postos da clasificación final.

Na primeira carreira, BENXAMÍN-ALEVÍN e baixo unha forte choiva os máis pequenos cubriron os 1.000 metros en menos de 4 minutos, sendo os gañadores Salama Loutfi do C.E.I.P. O Coto e Daniela Eiras do Clube Atletismo Noia.

Chegaron tamén nos primeiros postos Xan Insua e Pablo Díaz en categoría masculina, en en femenina Alejandra Dominguez e Mariña Monteagudo acadaron o 3º e 4º posto.

Dende o Concello de Negreira queremos agradecer o esforzo de todos os participantes nesta Festa do Deporte na Rúa, e esperamos que a vindeira edición sexa aínda mellor.

MIL GRACIAS !!!!!!!

viernes, 9 de noviembre de 2012

Pechada a inscrición da XXXIII Carreira Popular de Negreira

Está todo a punto para que se dispute unha das mellores edicións da gran Festa do Deporte na rúa en Negreira. Un total de 1300 corredores tomarán a saída da única carreira Popular incluída no Calendario Nacional da RFEA, polo que será a única ocasión de ver atletas internacionais nunha carreira urbana en Galicia.

A primeira das carreiras será ás 10:30 h. coa proba escolar para as categorías BENXAMÍN-ALEVÍN sobre unha distancia de 1.000 m.

A segunda das carreiras está para 10:45 h. para as categorías INFANTIL-CADETE-XUVENIL, sobre unha distancia de 4.500 m.

Por último ás 11:30 h. darase a saída da carreira ABSOLUTA, con unha distancia de 10.000 m. (non homologada)

Dende a organización recomendamos chegar cedo para recoller os dorsais, que se retiran na Liña de Saída (Patio C.E.I.P. O Coto), para evitar incómodas colas. O horario de retirada de dorsais é de 8:15 h. ás 10:15 h. do domingo 11 de novembro.

Desexamos que toda a xente disfrute desta gran xornada deportiva, no que esperamos que pasedes un gran día en compañía dos amantes do atletismo popular e con grandes corredores do circuito internacional.

Moita sorte a todos....!!!!

miércoles, 17 de octubre de 2012

Todo a punto para a 33ª edición da Carreira Popular de Negreira

 
Dende hoxe VENRES 19 DE OUTUBRO, día da presentación da XXXIII Carreira Popular de Negreira, ábrese o prazo de inscrición desta importante proba deportiva, unha edición na que a Carreira Popular se confirma como unha das mellores de Galicia.

Este ano vai a ser a única carreira urbana de 10 kilómetros en Galicia, que esté inscrita no Calendario Nacional da RFEA, polo que cobra máis importancia si cabe.

Esta edición promete un fantástico espectáculo do atletismo galego e español, contando cos mellores corredores do panorama nacional e internacional. 
 
O Concello de Negreira fixo un esforzo para manter os premios en metálico, e ampliounos cun novo incentivo para os centros escolares de Galicia, cunha aportación de 400 € en material escolar, para o colexio que participe cun maior número de corredores. 

 Esperamos contar con todos vos nesta gran Festa do Deporte na rúa.